O Concello de Boqueixón participa no obradoiro de garantía xuvenil “EMPRÉGATEAPP”, que empregará e formará a 16 alumnos/as traballadores/as dos municipios de Boqueixón, Teo e Vedra, e que dará comezo o 19 de xullo de 2021. O obxectivo deste obradoiro é crear aplicacións para dispositivos móbiles orientadas tanto á promoción turística das zonas de actuación como á información e comunicación dirixida ás persoas usuarias.
“EMPRÉGATEAPP” está aberto á participación de persoas mozas, de entre 16 e 30 anos, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de Galicia. Ademais, esas persoas deberán estar inscritas como demandantes de traballo no Servizo Público de Emprego de Galicia nalgún destes servizos:
- 320 Escola taller programa
- 330 Casa de oficio
- 340 Taller de emprego
- 370 Outros programas de emprego formación dual
As persoas interesadas en participar no obradoiro deberán cumprir todos estes requisitos antes do mércores 30 de xuño de 2021, data na que previsiblemente se solicite a sondaxe do alumnado-traballador á oficina de emprego Santiago-Norte.
O Concello de Teo é o promotor deste proxecto, para o cal a Consellería de Emprego e Igualdade vén de conceder unha subvención. Contará coa colaboración dos concellos de Boqueixón e Vedra, sendo o territorio dos tres municipios o ámbito de actuación do proxecto.
Para máis información poden contactar cos concellos de:
- Boqueixón: 981 51 30 61 (Departamento de Emprego e Formación).
- Teo: 981 815 721 (Desenvolvemento Local).
- Vedra: 981 814 692 (Departamento de Emprego).