O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude acollerá un curso sobre Cultivos de verán na horta ecolóxica. A iniciativa de formación, na que colabora o Concello de Boqueixón, desenvolverase entre os días 30 de xuño e 4 de agosto, comprendendo un total de 46 horas lectivas. Terán lugar os mércores e xoves de 16.00 a 20.00 horas nas instalacións da CFEA Sergude.
Esta proposta, incluída no Plan de Formación ao Agro Galego 2021, está dirixida preferentemente a persoas autónomas dadas de alta no sector agrario. É de carácter gratuíto e as persoas interesadas en inscribirse deberán realizalo antes do 25 de xuño, cumprimentando o documento que se pode descargar no arquivo anexo ou premendo aquí e presentádoo por rexistro (ben a través da sede electrónica de Boqueixón –https://sede.boqueixon.gal/opencms/gl/– ou por rexistro presencial -concertando cita previa-.
Nos seguintes documentos achégase o programa formativo. As distintas sesións serán impartidas por:
- Concepción Docampo Sanromán (Horta agroecolóxica ‘Burbullas de Sol’)
- Manuel Jesús Rey Carbia (Rebulidoiro Granxa Eco)
- Miguel Ángel Navarro Ortigosa (Horta agroecolóxica ‘Burbullas de Sol’)
Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto coa propia CFEA Sergude a través do teléfono 881 867 325.
Adxuntos
- ANEXO I (250 kB)