O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de inglés para o curso 2021/2022. O desenvolvemento das clases de inglés terá lugar no CPIP Antonio Orza Couto, coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da COVID-19.
Dirixido a:
- Alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.
- Mozos e mozas a partir de 16 anos (incluidos), grupos A2, B1 e B2.
- Daráse preferencia aos solicitantes que estean empadroados no Concello de Boqueixón ou escolarizados nun centro educativo do concello.
Duración: de outubro de 2021 a xuño de 2022.
Días e horas:
2 días a semana e unha hora por día
Inscricións:
Realizaranse do 15 ao 30 de xuño, enviando a ficha de solicitude (dispoñible tamén no arquivo anexo) por unha das seguintes vías:
- Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente). Incluír documentación en solicitude xeral.
- Presencialmente por rexistro ( cita previa 981513052)
- Unha vez finalizado o prazo de inscricións no caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes seguindo o rexistro de entrada.
Custo: 30€/ mes.
Descontos :
2º fillo: 25% 3º fillo: 50% 4º fillo e sucesivos de balde.
Pagamento:
Realizarase con carácter bimestral mediante domiciliación bancaria.
Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Baixas:
Deberán presentarse antes do día 20 do mes anterior no departamento de cultura ou a través do e-mail cultura@boqueixon.gal
O Concello poderá modificar ou suspender a prestación da actividade en función das circunstancias que acontezan derivadas da crise sanitaria motivada polo COVID19.
Máis información no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal.
Adxuntos
- FichaInscricionCursosIngles (210 kB)