A Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Órganos e de Sangue (ADOS) achegarase o vindeiro 24 de xuño en horario de tarde a Lestedo (diante de Abanca). As persoas interesadas en doar sangue poderán achegarse entre as 15.45 e as 21.00 horas.
Dada a situación sanitaria actual, dende ADOS pregan á cidadanía interesada en doar sangue que solicite cita previa a través do teléfono gratuíto 900 100 828. Deste xeito, evitaranse as agardas das persoas doadoras.
Como indicacións básicas, para doar sangue cómpre almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. De todos os xeitos,
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, precisaríase, de ser o caso, informe médico se está a tomar algún medicamento.