A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo dunha nova edición dos cursos de vela e windusrf, que este ano acollerán os concellos de Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso, Dumbría e Rianxo e nos que 240 nenas e nenos da provincia terán a a oportunidade de aprender a navegar.
Os devanditos cursos desenvolveranse entre o 5 de xullo e o 13 de agosto e poderán participar rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2012, ambos inclusive, pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade. Os cursos terán unha duración de cinco días en grupos de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), e nos mesmos realizarase unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico de windsurf.
A cota de inscrición é de 25 euros, que se aboarán na cota que se facilitará mais adiante unha vez admitido a crianza participante. As solicitudes deberanse realizar no Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón. Máis información e documentación, no arquivo anexo ou premendo aquí.
Adxuntos
- Diptico vela windsurf 2021 (239 kB)