Pola Alcaldía – Centro de Información á Muller de Boqueixón, ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas do concello, que a Consellería de Emprego e Igualdade, Secretaría Xeral de Igualdade, comunica de existencia de prazas xuvenís gratuítas dentro do “Programa campaña de verán 2021.”
A Consellería de Política Social oferta como en anos anteriores unha reserva específica de prazas gratuítas dirixidas preferentemente, aos fillos e fillas daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que residan nalgún centro de acollida.
Para participar neste programa, e seguindo as indicacións da Dirección Xeral de Xuventude , Participación e Voluntariado seguiranse os seguintes criterios de selección:
1º. Nenas e nenos que residen nun centro de acollida da Rede galega de acollemento e fillos/as de mulleres usuarias do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero.
2º. Nenas e nenos que non fosen beneficiarias/os destes campamentos no ano 2020
3º. Medidas de protección en vigor
4º. Data de emisión do documento acreditativo da situación de violencia de xénero (segundo art. 5 da Lei galega 11/207; e preferencia ao máis recente).
4º. Orde de entrada da solicitude con toda a documentación na Secretaría Xeral da Igualdade.
É imprescindible que os nenos e as nenas saiban nadar.
Solicítase a remisión na maior brevidade os datos das/dos menores que desexan participar en ditos campamentos á Secretaría Xeral da Igualdade, xunto coa documentación indicada. (Poden adiantala escaneada ao correo electrónico vx.igualdade@xunta.gal).
O prazo para a presentación da solicitude e documentación rematará o día 7 de xuño de 2021.
Para calquera consulta ou xestión e envío da documentación poden ponerse en contacto co CIM, chamando ao teléfono 981 513 061 ou ben nos teléfonos 881 995 533 e 981 957 268 da Secretaría Xeral de Igualdade.