A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).
Estas axudas está dirixidas a familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O Fondo solidario de libros de texto está financiado cunha dotación total de 5.100.000,00 euros para o ano 2021 e de 400.000,00 euros para o ano 2022. As axudas de libros de texto, contan cunha dotación total de 6.000.000 euros para o ano 2021 e de 400.000 euros para o ano 2022. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. No caso do material escolar, finánciase cunha dotación total de 5.100.000 euros para o ano 2021 e de 400.000,00 euros para o ano 2022.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 22 de xuño de 2021. Pódese consultar a orde completa publicada no DOG no arquivo anexo ou premendo aquí.
Adxuntos
- AnuncioDOGAxudasLibros (2 MB)