As inscricións para o programa de conciliación Verán Activo e para os Campamentos estivais estarán abertas ata este venres 21 de maio. Para isto, no primeiro caso, cómpre cumprimentar a ficha de inscrición correspondente e presentala por rexistro (ben a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou ben de xeito presencial –previa cita-). No segundo caso, habería que enviar a ficha de preinscrición ao enderezo electrónico omix@boqueixon.gal.
Unha das modificacións con respecto a edicións anteriores é o incremento nas bonificacións dos prezos de ambos os dous servizos. Para acceder a elas cómpre presentar a declaración da Renda 2020. Co fin de facilitar o acceso a estes descontos, establécese como prazo máximo o 9 de xuño para achegar a documentación que faltaría.
As fichas de inscrición pódense descargar nos arquivos anexos ou nestas ligazóns: