O Concello de Boqueixón publica as bases do servizo de Campamentos de Verán 2021, que se detallarán nas seguintes liñas, aínda que tamén se poden consultar no arquivo anexo. O prazo de preinscrición estará aberto entre os días 7 e 21 de maio. Para formalizar a devandita preinscrición deberase remitir a ficha correspondente, dispoñible no documento anexo ou premendo aquí, a omix@boqueixon.gal.
Bases do servizo Campamentos de Verán
A situación de crise sanitaria xerada pola COVID-19, fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deberán ter en conta medidas de prevención e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.
- Obxecto
Co obxectivo de facilitarlle aos rapaces e rapazas a participación en actividades educativas e de tempo libre, o Concello de Boqueixón oferta as prazas para os Campamentos de Verán 2021.
- Datas
Do 23 ao 30 de xuño
- Lugar de realización
Os campamentos levaranse a cabo nunha zona de praia a determinar.
- Destinatarios/as e número de prazas e destinatarios/as
- Primaria 25 prazas nados/as: 2009, 2010, 2011 e 2012
- Secundaria 25 prazas
- Criterios de admisión por orde de prioridades
1º Pai, nai, titor, titora ou participantes empadroados/as en Boqueixón (mínimo de 3 meses de antigüidade).
2º Escolarizados/as nun centro educativo do concello.
3º Pai, nai, titor, titora traballando no termo municipal.
4º Participante desfrutando das vacacións no termo municipal.
5º Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.
- Preinscrición
Realizaranse do 7 ao 21 de maio, enviando a ficha de solicitude por correo electrónico omix@boqueixon.gal. De ser o caso, coa finalidade de establecer a orde de prioridade, o Concello solicitará a documentación necesaria.
No caso excepcional de ter que realizarse a preinscrición de forma presencial, farase mediante Rexistro Xeral
Código de solicitude: unha vez recibida a preinscrición o departamento de Xuventude enviaralle o seu código de solicitude, a través do cal poderá comprobar a situación da persoa inscrita.
Non se admitirán solicitudes fóra dos prazos establecidos.
- Procedemento de confirmación de prazas
- Listaxe provisional de admitidos/as: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as.
- Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 3 días hábiles para presentar alegacións.
- Listaxe definitiva de admitidos/as: publicarase unha vez rematado o prazo de alegacións.
- Adxudicación de prazas.
Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
Se o número de prazas solicitadas supera ás ofertadas, a adxudicación realizarase mediante sorteo público no que se seguirán as premisas de prioridade expostas nestas bases.
O sorteo terá lugar o día 31 de maio ás 21:00 h no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o 1 de xuño.
As vacantes que se produzan serán ofertadas aos solicitantes seguindo a orde da lista.
- Matrícula
Ábrese un prazo de matrícula do 4 ao 13 de xuño.
Documentación a presentar:
- Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
- Resgardo de pago
- Se solicita bonificación declaración da renda do 2020
Presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na sede electrónica do concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
- Prezo
195 €
- Criterio de bonificacións
Estas bonificación aplicaranse ás familias empadroadas ou escolarizadas no Concello de Boqueixón, que non serán acumulables entre si.
Casos de emerxencia social ou outra situación valorada tecnicamente polo Dpto.de S.Sociais do Concello de Boqueixón. | 100% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM. | 100% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM.
| 60% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM.
| 40% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM.
| 20% |
Condición de familia numerosa xeral.
| 30% |
Condición de familia numerosa especial.
| 40% |
- Pago
O importe correspondente será ingresado na conta do concello especificando en concepto, o nome, apelidos e Campamento de Verán.
Nº de conta: ABANCA ES68 2080 0320 2531 1000 0666
- Renuncia á praza e devolución da taxa
No caso de que, por algún motivo xustificado, tivese que renunciar á praza, presentará instancia a tal efecto a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal.
As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado/a. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.
- Máis información sobre este servizo no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico omix@boqueixon.gal
Adxuntos
- BasesServizoCampamentosDeVeran2021 (85 kB)
- FichaCampamentosDeVeran2021 (172 kB)