O Concello de Boqueixón vén de publicar unha resolución pola cal se eleva a definitiva a lista provisional de admitidos/as na EIM Raíña Lupa de Boqueixón aprobada mediante Resolución de Alcaldía nº 152/2021 do 14/04/2021. Pódese consultar a devandita lista nesta ligazón.
No prazo de 15 días hábiles dende a publicación desta resolución, os pais e as nais dos/as nenos/as admitidos/as deberán presentar no rexistro xeral do Concello de Boqueixón, en horario de 09.00 a 14.00 horas ou ben a través da sede electrónica municipal, a seguinte documentación:
- Anexo IV de aceptación da matrícula (é obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado). O documento atópase no arquivo anexo, mais tamén se pode acceder premendo aquí.
- Copia da tarxeta sanitaria da/o menor
- Certificado médico da/o menor
- Carné de vacinación actualizado
Nos últimos 5 días hábiles do mes de agosto asinarase o contrato de prestación de servizos e aportaranse catro fotografías tamaño carné.
Se finalizado o período de formalización da matrícula, esta non fose formalizada ou entregada toda a documentación sinalada no apartado anterior decaerá o dereito á praza obtida e tampouco quedará en lista de agarda.