A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este venres 30 de abril ás 19.00 horas unha sesión informativa sobre o abuso das novas tecnoloxías. Esta actividade encádrase dentro do programa de accións do Servizo de prevención de condutas adictivas de Boqueixón-Teo-Touro, apoiado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
Nesta charla falarase sobre as redes sociais, o uso do móbil, os videoxogos e xogos en liña, así como de diversos métodos para previr o abuso das novas tecnoloxías. A asistencia é de balde, previa inscrición no Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón a través do teléfono 981 513 115 ou no enderezo electrónico cultura@boqueixon.gal.