O Diario Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publicou hoxe a resolución de Presidencia da Deputación Provincial da Coruña nº 2021/ 13902 do 9 de abril de 2021 pola cal se dan a coñecer as bases reguladoras do PEL-Reactiva: programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxes, do Plan de Emprego Local.
O obxectivo principal desta axuda é a reactivación e o mantemento da actividade económica e do emprego nestes sectores estratéxicos de desenvolvemento socioeconómico na provincia, como son o sector da hostalería e o das axencias de viaxes, que están a verse gravemente afectados pola crise derivada da pandemia.
PERSOAS BENEFICIARIAS: persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das Agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas), pertencentes á Sección 1.ª das tarifas de dito imposto aprobadas por R.D. Lexislativo 1.175/1990, de 28 de setembro.
REQUISITOS:
As persoas físicas ou xurídicas solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021:
- Ter o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes.
- Estar dadas de alta nalgún(s) dos epígrafes do IAE indicados na Base 3, segundo figure no seu Certificado de Situación Censual actualizado.
- Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, no caso de persoas físicas.
- Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
EXCLUSIÓNS: Non poderán ser solicitantes as persoas traballadoras autónomas ou microempresas, que teñan sido beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña, entre outros…..
CONTÍA: O importe a recibir terá unha contía fixa de 1.500 € por persoa beneficiaria que cumpra os requisitos, ata esgotar o crédito dispoñible.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 3 de maio de 2021 ás 8.00 horas, unha vez publicada a convocatoria no BOP a través da remisión da mesma á BDNS.
Para máis información acceder ó enlace das bases publicadas no BOP: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/04/20/2021_0000003177.pdf)