A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará este xoves 15 e o venres 16 de abril en Camporrapado e Lestedo, respectivamente. O horario para achegarse a doar en ambos os dous casos é de 16.00 a 21.00 horas. No primeiro caso, a unidade móbil atoparase diante do Bar O Nervioso, mentres que no segundo será diante da sucursal de Abanca.
Co fin de organizar a asistencia e para escalonar a afluencia de persoas doadoras, evitando esperas, utilizarase preferentemente o sistema de cita previa a través do teléfono 900 100 828.
Dende o Concello de Boqueixón anímase a toda a veciñanza a contribuír nesta campaña. Doar sangue significa salvar vidas.