O programa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento chegará ao Concello de Boqueixón entre os días 23 e 30 de abril. Esta iniciativa ofrece formación universitaria para persoas maiores de 50 anos.
A veciñanza interesada deberá formalizar o rexistro da súa solicitude, ben de xeito presencial -con cita previa- ou a través da Sede Electrónica do Concello de Boqueixón. Para máis información, poden contactar co Departamento de Educación e Cultura (cultura@boqueixon.gal ou no 981 513 115).
Esta proposta levarase a cabo os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de abril e constará de diversos seminarios formativos. Terán lugar na Casa do Concello (principalmente, nas instalacións da Biblioteca Municipal) entre as 16.30 e as 18.00 horas.
O programa de seminarios é o seguinte:
- 23 de abril: Seminario Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega. Dra. Dona Laura Touriñán Morandeira, Prof. do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC e investigadora da USC.
- 26 de abril: Obradoiro práctico Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega. Dra. Dna. Laura Touriñán Morandeira, Prof. do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC e investigadora da USC.
- 27 de abril: Seminario O Envellecemento saudable. Dr. D. Víctor M Arce Vázquez. Profesor Titular de Fisioloxía. Facultade de Medicina.
Universidade de Santiago de Compostela e do Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo. - 28 de abril: Visita á Facultade de Medicina. Dr. D. José Manuel Fernández García. Médico de Familia. Coordinador nacional del grupo de Nutrición (Semergen) e Profesor colaborador do Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo.
- 29 de abril: Seminario Escribir a nosa historia. Obxectos, soportes e instrumentos de escritura. D. Anxo Rodríguez Lemos. Investigador da Facultade de Xeografía e Historia e Prof. do Programa Universitario de Maiores da USC.
- 30 de abril: Obradoiro práctico de materiais arqueolóxicos e documentais. D. Anxo Rodríguez Lemos. Investigador da Facultade de Xeografía e Historia e Prof. do Programa Universitario de Maiores da USC.
Dende o Departamento de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón animan á poboación a participar nestas iniciativas. Lembran, ademais, a importancia de inscribirse previamente, xa que o aforo está limitado.