O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) publicou o pasado 29 de marzo no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución do 16 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2021 (códigos de procedemento IN414B e IN414C). O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 20 de abril de 2021 ás 9.00 e rematará o 30 de setembro de 2021 ou cando se esgoten os fondos (destínanse un total de 3 millóns de euros para esta liña de axudas).
Esta línea de axudas está dirixida a persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario/a terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal.
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de xuño de 2021, e para solicitar a adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
Pódese consultar a resolución publicada no DOG nesta ligazón.