O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publicou o pasado 30 de marzo no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (código de procedemento VI432A). O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril.
Para poder acceder a esta liña de axudas, débese cumprir algunha destas dúas condicións:
1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A, axudas ao alugamento de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os requisitos.
2. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña B, axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, as persoas físicas maiores de idade que non teñan feitos os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran os requisitos.
Pódese consultar nesta ligazón toda a información referente a esta resolución.