O Concello de Boqueixón abre o luns 8 o prazo de inscrición para as propostas da Semana Activa. Trátase dun programa lúdico-educativo que facilita a conciliación laboral e familiar durante os días non lectivos de semana santa. O desenvolvemento das actividades terá lugar nas instalacións municipais do Forte e no CPI Antonio Orza Couto, coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da Covid-19.
As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición deberán facelo ata o 12 de marzo entregando a ficha de inscrición e a documentación correspondente. A ficha pódese descargar no arquivo anexo ou premendo aquí.
As bases do programa son as seguintes:
Primeiro: obxectivos
Conciliación laboral e familiar durante as vacacións de semana santa.
Segundo: datas e horario
29,30,31 de marzo e 5 de abril, entrada de 09:00 a 10:00, saída de 13:30 a 14:00 h.
Terceiro: número de prazas
O número de prazas ofertadas será de 16, as inscricións serán por rigorosa orde de inscrición.
Cuarto: persoas destinatarias
Nenos e nenas de infantil e primaria empadroados no Concello de Boqueixón e alumnado matriculado/a nun centro educativo de Boqueixón, con necesidade real de conciliación.
Quinto: inscricións
As inscricións adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. dende o 8 ata o 12 de marzo, enviando a ficha de solicitude e demais documentación por unha das seguintes vías:
- Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente).
- Presencial, rexistro municipal.
Documentación que deben achegar xunto á ficha de inscrición:
- Declaración da renda do 2019 ou xustificante acreditativo de non ter que
Só para altas novas
- Documento acreditativo de familia numerosa (de ser o caso).
Sexto: custo
20 euros.
O prezo total a pagar polo Programa Semana Activa será cargado na conta bancaria indicada polo proxenitor/a ou titor/a legal do/da menor. Mediante a firma da presente solicitude
AUTORIZA:
- Ao acredor (Concello de Boqueixón) a enviar instrucións a entidade bancaria do debedor para domiciliar a súa conta.
- Á entidade bancaria para efectuar as domiciliacións na súa conta seguindo as instrucións do acredor.
Sétimo: bonificacións:
Casos de emerxencia social, unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (537,84€) ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais.
| 100% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 1,5 veces o IPREM (806,76€).
| 60% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 2,5 veces o IPREM ( 1.344,6€).
| 30% |
Unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais a 4 veces o IPREM (2.151,36€).
| 15% |
Condición de familia numerosa xeral.
| 30% |
Condición de familia numerosa especial.
| 40% |
Oitavo: condicións
Unha vez rematado o prazo de inscrición, e no caso de cubrirse a totalidade das prazas, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, cun prazo para a presentación de reclamacións de 3 días hábiles e posteriormente publicarase a listaxe definitiva.
O Concello poderá modificar ou suspender a prestación do servizo en función das circunstancias que acontezan derivadas da crise sanitaria motivada pola COVID-19.
Máis información sobre estes programas no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal.
Adxuntos
- FichaSemanaActiva2021 (85 kB)