A Alcaldía vén de facer público un bando no que se informa das seguintes medidas que se adoptarán dende o Concello de Boqueixón como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica:
- Autorízanse as actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e lúdico, así como as reunións, en todos os locais municipais, con arreglo ás indicacións recollidas no DOG número 38-bis do Xoves 25 de febreiro de 2021.
- A atención presencial nas oficinas municipais realizarase exclusivamente con cita previa. Neste senso, prégase á veciñanza que, na medida do posible, empregue os medios telmáticos ou telefónicos para realizar trámites co Concello.
- Lémbrase que o Concello vén de habilitar un número de teléfono -981 513 106- para aquelas persoas que vivan soas ou que teñan que gardar corentena por mor da COVID-19, e precisen axuda para realizar actividades esenciais (ir á compra, farmarcia…).
- Apélase á responsabilidade da veciñanza á hora de tomar as medidas oportunas para velar pola saúde pública, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.