O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar o anuncio polo cal se abre o prazo para incluír espectáculos na Rede Cultural da Deputación da Coruña. As propostas deberanse presentar entre mañá 12 de febreiro e o 26 de febreiro ás 14.00 horas.
Segundo se especifica no propio anuncio, establécense catro programas de difusión cultural.
- ESCENA AO VIVO! Categoría profesional: Programa de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos
- VISIÓNS. Categoría profesional: Programa de cinema e contidos audiovisuais para concellos
- ALICERCE. Categoría non profesional: Programa de grupos de música, danza e teatro non profesionais para concellos
- LINGUA A ESCENA! Categoría profesional. Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con
contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos
As bases completas pódense consultar no arquivo anexo ou premendo nesta ligazón.
Adxuntos
- Rede cultural 2021 (196 kB)