A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) do Concello de Boqueixón vén de recibir unha tenda de campaña que servirá para o desenvolvemento dos seus labores de apoio. Este material foi entregado onte polo delegado territorial da Xunta en A Coruña, Gonzalo Trenor, a representantes de 19 agrupacións de Protección Civil.
Esta mañá recepcionouse a tenda de campaña nun acto presidido polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, que estivo acompañado por integrantes da AVPC. Este novo material reforzará o equipamento para desenvolver as súas intervencións e labores de prevención de riscos en condicións de seguridade e co instrumental preciso, tal e como indicaron dende a Xunta de Galicia.
A dotación deste novo material foi posible a través da orde de axudas da Xunta para dotar ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil con equipacións de emerxencias. O investimento total para toda a comunidade é de 934.000 euros.