O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición, entre os días 5 e 10 de febreiro, para o Entroido Activo. Trátase dun programa lúdico-educativo que busca facilitar a conciliación durante os días non lectivos coincidentes co Entroido.
O desenvolvemento das actividades terá lugar nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto. Adoptaranse todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención contra a expansión da Covid-19.
As propostas de lecer desenvolveranse os vindeiros 15 e 17 de febreiro en horario de mañá. A entrada establécese entre as 09.00 e 10.00 horas, e a saída, entre as 13.30 e 14.00 horas. Ofértanse un total de 16 prazas, dirixidas a alumnado de Educación Infantil e Primaria do Concello e alumnado matriculado/a nun centro educativo de Boqueixón con necesidade real de conciliación.
As inscricións adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. O custo das actividades incluídas neste programa de conciliación familiar e laboral é de 10 euros.
As persoas interesadas deberán remitir a ficha de solicitude (dispoñible no arquivo anexo) e demais documentación por unha das seguintes vías: telemática (a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón -preferente-) ou presencial, a través do rexistro municipal (sempre mediante a solicitude de cita previa). A documentación que se deberá achegar xunto coa ficha de inscrición está especificada nas propias bases deste programa (que se poden consultar premendo aquí ou no arquivo anexo).
Adxuntos
- Ficha Entroido Activo (144 kB)
- Bases Entroido (136 kB)