A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 22 de xaneiro a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia. Ante as dúbidas que poidan xurdir por parte das entidades beneficiarias á hora de solicitar as axudas, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo vén de remitir unha guía na que se detallan os aspectos básicos deste plan, así como respostas ás dúbidas frecuentes.
O documento completo pódese consultar no arquivo anexo ou premendo nesta ligazón. As solicitudes deberanse presentar antes do 22 de febreiro por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.