Segundo os últimos datos, no Concello de Boqueixón diagnosticaronse 35 novos casos de contaxio por Covid-19 nos últimos 15 días. No municipio as restricións interpostas pola Xunta de Galicia son as do nivel medio-alto que implican:
– Hostalería aberta ata as 18:00 horas -con aforo de 30% no interior e 50% no exterior-
– Peche de establecementos comerciais ás 21:30 horas
– Reunións limitadas a 4 persoas
– Restrinxida a mobilidade nocturna entre as 22:00 e as 06:00 horas
Neste enlace o Sergas actualiza os datos relacionados co número de contaxios nos distintos concellos de Galicia.