Os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal Raíña Lupa e das Escolas Unitarias de Sergude, Camporrapado e Lestedo participaron esta mañá nunha actividade moi especial. Dado que a actual situación sanitaria non permite levar a cabo visitas como tal, o Concello de Boqueixón facilitou que as crianzas conectasen con Papá Noel, mantendo, deste xeito, a súa ilusión por falar con el.
A través de videochamada, Santa Claus escoitou as peticións das pequenas e pequenos para este Nadal. Ademais dos tradicionais xoguetes, houbo tamén algunha solicitude máis específica, coma a dun “can sen pulgas”.