O Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón vén de confirmar a cancelación do tradicional Torneo Interparroquial de Fútbol Sala. Este campionato víñase celebrando anualmente no Día de Nadal.
“Por razón da actual situación de pandemia e ás restricións que afectan ao deporte non federado ó Departamento de Deportes vese obrigado a ter que suspender por primeira vez en máis de 25 anos de existencia a edición de este ano do Torneo Interparroquial”, explican dende a organización. “O que viña sendo unha tradicional xuntanza da veciñanza na época navideña para desfrutar do fútbol sala volverá con máis forza nas vindeiras edicións, xa que, nesta ocasión, toca protexer ás nosas familias”, conclúen dende o Departamento de Deportes boqueixonés.
Dende a organización agardan que só se teña que cancelar o torneo este ano. En anteriores ocasións, participaron unha media de 6 equipos de veciños afeccionados ao fútbol sala que pasaban unha xornada diferente de Nadal baseada na vida sana.