A Consellería de Emprego e Igualdade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as reguladoras dos Programas I de mantemento de emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 e do programa II hostelería de apoio ó sector da hostelería. A continuación resúmense os puntos de principal interese para as persoas que queiran solicitar as axudas:
1. Programa I de mantemento de emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID -19
As persoas beneficiarias destas axudas poderán ser:
- Persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo
- As microempresas, calquera que sexa a sua forma xurídica
- As pemes, excepcionalmente, sempre que desenvolvan a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados.
E deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Domicilio fiscal en Galicia.
- Que teñan, ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.
- Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020, realizándose unha comparación entre todo o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros trimestres do ano 2020.
Entenderase como actividade especialmente paralizada:
- En todo caso o lecer nocturno
- Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades en que non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.
- Os negocios encadrados nos seguintes CNAE: 4932, 5010, 5030, 5621, 5914, 7911, 7912, 7990, 8230, 9001, 9002, 9004, 9321, 9329
O importe das axudas será de dúas cantidades: 4.000 ou 5.000 Euros
2. Programa II hostalaría, de apoio ao sector
As persoas beneficiarias destas axudas poderán ser:
- Persoas traballadoras autónomas
- Persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo.
- Micorempresas pemes do sector de hostalería
- Hoteis, hostais, casas rurais e outro tipo de aloxamentos que cumplan estes requisitos:
- Ter domicilio fiscal en Galicia.
- Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou de peche perimetral do concello en que se sitúen os hoteis, casas rurais e outro tipo de establecementos, ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan no enlace seguinte:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201127/AnuncioG0599-261120-0001_gl.html
Importe das axudas
A axuda por establecemento será de 1.500 € por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional por períodos de dúas semanas. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 750 €. No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 (pemes) percibirán a cantidade de 2.000 € por mes paralizado, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 1.000 €. As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda. Para o cálculo das semanas pechadas terase en conta o tempo que estivo nesa situación ata o momento da presentación da solicitude de axuda. Para maior información poden chamar ao teléfono 900 81 56 00 ou na web www.oficinadoautonomo.gal .
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día de mañan (ata ó 28 de decembro).
Máis información no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201127/AnuncioG0599-261120-0001_gl.html