O Concello de Boqueixón adheriuse ó programa PEL –REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA, do Plan de Emprego Local da DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
O obxectivo do programa é por á disposición dos concellos un fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia, que dotará de liquidez aos autónomos e autónomas e microempresas, principal motor de desenvolvemento económico e alicerce fundamental do tecido empresarial da provincia.
Mediante o citado programa, o concello de Boqueixón xestionará unha convocatoria de axudas dirixidas a financiar os gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia ou autónomos e as microempresas radicadas no termo municipal de Boqueixón, co fin de axudar a mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou.
Achégase o extracto da convocatoria aprobada por Resolución de alcaldía de data do 29 de outubro de 2020 do PEL-Reactiva: Fondo de financiamento para a reactivación económica e social do Concello de Boqueixón. O prazo de remisión de solicitudes comezará a partires do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de A Coruña da convocatoria do devandito plan. O 25 de novembro é a data tope para presentarse.
Extracto da convocatoria aprobada por Resolución de alcaldía de data do 29 de outubro de 2020 pola que se convocan subvencións para impulsar a actividade económica e o emprego no Concello de Boqueixón e contribuír a paliar os danos do COVID-19 nas microempresas e autónomos/as, mediante réxime de concorrencia competitiva.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na páxina web municipal (https://www.boqueixon.gal) e na Sede Electrónica deste concello ).
1.- Obxecto e finalidade
A presente convocatoria pública de subvencións terá como finalidade impulsar a actividade económica e o emprego no Concello de Boquexón e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia COVID-19, nas microempresas e autónomos/as.
A finalidade é facilitarlle medios ás microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas do concello, para facer fronte ás consecuencias derivadas da crise motivada pola COVID-19, e contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.
2.- Beneficiarios.
Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
GRUPO I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
GRUPO II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta o seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
GRUPO III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.
Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.
Requisitos para ser beneficiario das subvencións:
a)Ter o domicilio fiscal no Concello de Boqueixón.
b)Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
c)Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello de Boqueixón, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña.
d)Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras destas subvencións.
- f) No caso de autónomos: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo.
g)No caso de micropymes: a data de constitución da empresa (data de primeira inscrición no rexistro público correspondente) debe ser anterior ao 14 de marzo.
3.- Bases reguladoras
As bases reguladoras da concesión destas subvencións foron aprobadas por Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial da Coruña núm. 2020/23462 (Plan Reactiva- Norma 18).
O seu texto íntegro foi publicado no BOP núm. 123/20, do 5 de agosto.
4.- Gastos subvencionables. Importe e financiamento
Son gastos subvencionables os relacionados na base 7 da norma 18 (O IVE non se considera subvencionable).
Importe máximo da convocatoria: 77.009,04 euros.
As subvencións concedidas financiaranse con cargo ao PEL-Reactiva da Deputación Provincial (80%) e con recursos propios municipais (20%).
Período subvencionable: do 01 de marzo ao 31 de decembro de 2020.
5.- Prazo e forma de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP ata as 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.
As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da Sede Electrónica do concello de Boqueixón ), utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida na base 4.3 da Norma 18.
6.- Criterios de valoración
As solicitudes presentadas puntuaranse de acordo cos criterios establecidos na base 6.1 da Norma 18.
7º.- Resolución
O acordo de concesión ou denegación da subvención por fin á vía administrativa.
8º.- Prazo de xustificación
Os beneficiarios da subvención deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.