O Concello de Boqueixón vén de publicar un bando sobre as medidas específicas de prevención contra a expansión da COVID-19 a adoptar nas feiras celebradas no municipio. Estas novas normas tómanse en base ao anexo de medidas específicas, punto 3.6, recollidas na Orde do 21 de outubro de 2020 da Consellería de Sanidade publicada no DOG nº 212 bis, do 21 de outubro de 2020.
As devantidas medidas son as seguintes:
- Non se poderá superar o 50% dos postos habituais
- Priorizaranse os postos que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade
- En ningún caso, as persoas consumidoras poderán manipular os alimentos na feira
En todo caso, os/as operadores/as comerciais participantes e as persoas usuarias dos mercados locais quedarán sometidas ás seguintes normas específicas:
OS POSTOS:
- Obrigatorio o uso de máscara
- Recoméndase poñer á disposición da clientela luvas desbotables
- Indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venda
- Recoméndase contar con dispensadores de xel desinfectante para o uso de persoas vendedoras e usuarias
A CLIENTELA:
- Obrigatorio o uso de máscara
- Manter a distancia de seguridade entre cada persoa usuaria do mercado que será de 1,5 metros
- Non se poden manipular os produtos comercializados
- Recoméndase asistir á feira de xeito individual