Boqueixón vén de pasar a nivel 2 de alarma sanitaria. Segundo os últimos datos do SERGAS, o municipio rexistrou nos últimos 7 días entre 14 e 21 casos. Por iso, dende o Concello de Boqueixón prégase á poboación que se extremen as precaucións para frear a expansión da COVID-19.
Ademais do uso da máscara, o establecemento da distancia interpersoal de seguridade e da hixiene constante de mans, lémbranse as últimas normas decretadas polas autoridades sanitarias galegas (á falta de concretarse as novas restricións ao abeiro do estado de alarma que se vai aprobar).
Prégase #sentidiño para evitar máis contaxios.