O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Sergude acollerá durante os meses de outubro e novembro un Curso sobre Técnicas de Extracción de Resina. A acción formativa, de 40 horas, está destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.
As sesións darán comezo o 19 de outubro ata o 17 de novembro en horario de 15.00 a 19.00 horas. As reservas de praza deberanse realizar en informacion@foresin.es ou en cfea.sergude@xunta.es ou chamando ao 680 208 320 ou no 881 867 325.
Información sobre o curso
En Galicia, ao igual que en toda a zona norte da Península Ibérica, as masas forestais de pino teñen como obxectivo principal a produción de madeira para diferentes usos industriais.
Tendo en conta a situación actual do mercado da madeira de piñeiro, resulta de interese deseñar novos modelos produtivos que permitan integrar aproveitamentos complementarios ao madeireiro e deste xeito, revalorizar as masas desta especie.
A resina, resulta un complemento perfecto para as masas de pino que potencialmente poidan ser obxecto de este aproveitamento e cuxo obxectivo principal sexa o madeireiro. Posto que se logra promover unha xestión activa das masas forestais, que en moitas ocasións como consecuencia da súa baixa rendibilidade se atopan en estado de abandono, reducir o risco de incendio forestal, diversificar os aproveitamentos xerados pola masa forestal e obter maiores beneficios e intercalados no tempo.
Cos datos coñecidos até o momento, a proposta de xestión que nos permite extraer resina sen danar a calidade estrutural da madeira de pino, consiste en realizar a actividade resineira sobre arborado adulto e en períodos curtos (máximo 5 anos) previos a corta final do piñeiral.
A especie resineira por excelencia na Península Ibérica é o -Pinus pinaster- subespecie mediterránea, sen embargo, en Galicia lévase resinando dende o ano 2014 -P. Pinaster- subespecie atlántica e -Pinus
radiata-, sen observar diferencias notables entre as producións das mesmas.
As masas obxecto de resinado serán aquelas que presenten arborado adulto, cun diámetro medio de a lo menos 25 cm, densidade máxima de 750 pes/ha, fuste libre de nós até polo menos o metro e medio e o sotobosque controlado que permita o tránsito polo piñeiral.
Tendo en conta os rendementos obtidos en Galicia nestes último anos, a producción media de resina por pé varía entre 2,5 e 3 kg/pino*ano. Obténdose as producións mais baixas o primeiro ano, debido por unha banda, a falta de experiencia do traballador, e, por outra, pola falta de estimulación do arborado. A partir do segundo ano, as producións increméntanse e son constantes ao longo das tempadas posteriores.
En termos medios, a producción dun piñeiral nestas condicións, tanto de -P. Pinaster- como con -P. radiata,- é de uns 1.875 kg resina/ha o primeiro ano e 2.250 kg resina/ha do segundo ano en diante. Estes valores en termos económicos tradúcense (tendo en conta os prezos desta tempada, é dicir, 1,07 EUR/kg) en 2.000 EUR/ha o primeiro ano e 2.400 EUR/ha do segundo ano en diante.
Se abordamos a situación dende un punto de vista social, en termos de xeración de emprego, un resineiro profesional ten capacidade para traballar en torno aos 6.000 piñeiros por tempada. Aínda que, esta cantidade de piñeiros lógrase a partir do terceiro ano consecutivo de traballo, cando o resineiro xa adquiriu experiencia na realización do mesmo. Estaríamos a falar, dunha renda media anual por nove meses de traballo de 19.260 EUR (I.V.E. aparte).
Dende este punto de vista, esta actividade pode considerarse como renda única ou como un complemento a renda principal, dependendo da dispoñibilidade de tempo do resineiro.
Estes datos, lévannos a contemplar esta actividade en novas zonas onde a actividade resineira non é unha tradición, posto que se considera como unha posible solución a moitos dos problemas ligados as zonas do rural do noso país.
Dende un punto de vista ambiental, o feito de que as masas de piñeiro presenten unha silvicultura mais activa, o sotobosque rozado e traballadores no monte durante a época estival, resulta unha realidade para mellorar a prevención de incendios forestais. Ademais de elo, hai que ter en conta a multi-funcionalidade que se logra no monte, posto que combinamos madeira con resina e o feito de ter o monte sen sotobosque tradúcese nun incremento de producción de cogumelos.