O sábado 19 e o domingo 20 de setembro o cidadanía de Boqueixón tivo a oportunidade de desfrutar de dous espectáculos culturais gratuitos organizados pola concellería de Cultura do Concello. O sábado o trío de música tradicional Caldo ofreceu un concerto na Casa de Cultura. A esta cita asistiron aproximadamente 40 persoas.
E o domingo Sarabela Teatro presentou no Centro Sociocultural de Codeso a obra para todos os públicos ‘O secuestro da bibliotecaria’. A esta representación asistiron un total de 30 persoas.
En todo momento se respetaron as normas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención contra a Covid-19. En xeral, o público de ambos espectáculos culturais amosaron a súa satisfacción.