O Concello de Boqueixón suscribe a decisión da Xunta de Galicia de estender o uso obrigatorio da máscara nos ximnasios a toda Galicia. A partir do día 1 de outubro o ximnasio municipal boqueixanes retomará a súa actividade, e dende o primeiro día que abra as súas portasesta medida será obrigatoria ante a posibilidade de contaxio en espazos pechados.
O prazo de inscrición para as actividades deportivas que teñen lugar no ximnasio municipal aínda está aberto. Así, todas as persoas interesadas en realizar algunha destas actividades deberán cubrir a ficha de inscrición correspondente, que se pode descargar nos arquivos adxuntos –para adultos e para menores- e remitila a deportes@boqueixon.gal ou de forma presencial no Departamento de Deportes, previa cita. Terán preferencia na obtención de praza as persoas empadroadas. Nas actividades de adultos tamén se poden incribir menores a partir dos 16 anos e sempre con autorización.
As disciplinas, horarios e lugares son os seguintes: