O Concello de Boqueixón vén de informar sobre a existencia de 5 prazas vacantes para o vindeiro curso 2020-2021 na EIM Raíña Lupa. Segundo se detalla na resolución de alcaldía, para acceder a ditas prazas, as persoas solicitantes “deberán cumprir os requisitos establecidos no Regulamento de Réxime interno da Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón; a selección das solicitudes efectuarase en función do establecido no artigo 3 e concordantes do Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón (BOP núm. 221 do 21 de novembro de 2017)”.
A información da resolución de alcaldía pódese consultar premendo aquí ou no arquivo adxunto. Tamén se inclúe unha dilixencia correción de erros na que se inclúen os requisitos indicados anteriormente.
Adxuntos
- Prazas vacantes na EIM Raíña Lupa (57 kB)
- Dilixencia correción de erros (63 kB)