O Concello de Boqueixón estreará o vindeiro venres 28 de agosto o documental Boqueixón. O balcón de Galicia. A cita terá lugar ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado.
A entrada é de balde, mais o aforo está limitado. Por iso, requírese inscrición previa nesta actividade antes do 27 de agosto ás 15.00 horas a través do e-mail coordinacion@xurdir.com ou no teléfono 673 848 593.
Esta producción audiovisual céntrase na actividade económica e o turismo en Boqueixón. Así, pódese comprobar o importante tecido empresarial radicado no municipio, xerando, deste xeito, riqueza ao conxunto da veciñanza. Por outra banda, o documental pon en valor o potencial turístico realizando un percorrido polos principais bens naturais, patrimoniais e culturais do concello.
Neste documental tamén ten cabida a cultura propia do municipio, que ten no Camiño de Santiago e o Entroido dos Xenerais da Ulla o seu principal expoñente. Así mesmo, falarase da súa gastronomía, representada pola Filloa da Lestedo, ademais da ampla oferta gastronómica e de aloxamentos turísticos que están á disposición das persoas visitantes.
Dende o Concello de Boqueixón animan a toda a veciñanza a asistir á estrea deste documental. Unha peza audiovisual na que se amosará todo o potencial do municipio e das súas xentes.