O programa Noites de Cine de Boqueixón chegou o pasado venres á parroquia de Ponte Ledesma. Arredor de 60 persoas achegáronse ao Campo do Río para ver a comedia SuperLópez.
Co fin de cumprir coas medidas de prevención contra a COVID-19, as cadeiras dispuxéronse para garantir a distancia de seguridade. Ademais, todas as persoas asistentes levaron máscara e puxéronse á súa disposición hidroxeles para a limpeza de mans.
O ciclo Noites de Cine continuará o programa o venres 14 de agosto coa proxección do filme infantil A galiña Turuleca no Campo da Feira de Lestedo. Finalizará este sábado 15 de agosto no Campo da Festa de Oural co visionado de Copito de Neve.