A Noite Velada xa ten o seu aforo completo, contando, incluso con lista de agarda. Dende o Concello de Boqueixón agradecen a excelente resposta da veciñanza a esta iniciativa.
A sesión desenvolverase este venres 7 de agosto no Campo do Río de Ponte Ledesma. A ponte medieval iluminarase novamente coas candeas que ofrecerán o ambiente perfecto para o concerto de A Banda da Loba, a partires das 22.30 horas.
O Concello de Boqueixón lembra ás persoas asistentes que deberán cumprir escrupulosamente con todas as medidas hixiénico-sanitarias contra a COVID-19. Así, levarase en todo momento máscara, manterase a distancia interpersoal dun mínimo de metro e medio e utilizaranse os hidroxeles para a limpeza de mans.