A segunda sesión do ‘Congreso público A ASTRONOMÍA nas RUTAS XACOBEAS’ colga o cartel de completo. As prazas para a observación das Perseidas do vindeiro martes 11 de agosto no Pico Sacro están todas reservadas. Dito congreso está promovido polo Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC) co cofinaciamento da Axencia de Turismo de Galicia, Xacobeo 2021 e en colaboración co Concello de Boqueixón.
Dende o Concello de Boqueixón lémbrase ás persoas asistentes que deberán cumprir con todas as medidas hixiénico-sanitarias de prevención contra a COVID-19. Así, o uso de máscaras será obrigatorio, ao igual que o mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Deberase, así mesmo, utilizar hidroxel para a limpeza de mans.