O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha orde pola que se establecen determinadas medidas en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de persoas procedentes doutros territorios. As persoas visitantes ou a veciñanza que regrese a Galicia tras unha viaxe ao territorio deberán comunicar ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) tal condición.
Segundo se especifica na orde, no prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, as ditas persoas deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia que se recollen no anexo. Para tal fin, deberán cubrir o
formulario dispoñible no enderezo ou ben subministrar os ditos datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. Así mesmo, tamén será posible
a comunicación dos datos de contacto a través da aplicación que para estes efectos poida
habilitar a Consellería de Sanidade.
Os datos debe subministralos a propia persoa ou o seu representante legal, que serán
responsables de que a información recollida sexa veraz e precisa. A obriga prevista nesta letra é aplicable tanto ás persoas residentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia como ás non residentes no dito territorio e deberá cumprirse independentemente da presenza ou non de síntomas compatibles co COVID-19.