A Escola Infantil Municipal (EIM) Raíña Lupa de Boqueixón publica a listaxe definitiva de admitidos/as para o vindeiro curso 2020/2021. O documento pódese consultar no arquivo adxunto ou premendo aquí.
Os pais e nais das crianzas admitidas contan cun prazo de 15 días hábiles a partir da publicación desta resolución, para presentar no rexistro xeral do Concello, ou a través da sede electrónica, a seguinte documentación:
– ANEXO IV Aceptación da matrícula. (É obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado)
– Copia da tarxeta sanitaria da/o menor
– Certificado médico da/o menor
– Carné de vacinación actualizado
Nos últimos 5 días hábiles do mes de agosto asinarase o contrato de prestación de servizos e aportaranse catro fotografías tamaño carné.
Adxuntos
- Lista definitiva EIM Raíña Lupa (65 kB)