O Departamento de Deportes informa sobre a nova normativa para a solicitude de carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas. Nesta nova normalidade, e para garantir as medidas de prevención contra a COVID-19, o Concello de Boqueixón establece que o pago dos abonos de tempada se realicen a través de ingreso bancario á conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666 (concepto: Bono Piscina).
Para evitar a manipulación de efectivo, tamén se deberá realizar a través do banco (ben de xeito presencial, ben electrónicamente) o pago das entradas individuais á piscina. Para poder acceder ás instalacións deportivas deberase entregar o xustificante de pago do custo, ben da entrada individual, ben do abono correspondente.
As persoas que prefiran facer o ingreso directamente na entidade bancaria poden descargar o documento de solicitude de carnés de usuario/a das piscinas descubertas que está dispoñible no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón. No documento especifícanse os distintos tipos de tarifa:
- Entrada individual: 3,71 €
- Bono individual (co dereito a 20 entradas): Adultos (12,34 €) e crianzas ata 16 anos (6,17 €)
- Bono familiar (co dereito a 20 entradas): Bono pai e nai (15,43 €); Cota 1º fillo/a (6,17 €); Cota 2º fillo/a (3,09 €); Cota 3º fillo/a ou máis (0 euros).
Para máis información ou aclaración, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa propia instalación a través do teléfono 636 731 721.
Adxuntos
- SolicitudeCarnesPiscinasDescubertas (398 kB)