Unha vez realizada a apertura da Piscina Municipal, o Concello de Boqueixón quere facer chegar unha serie de recomendacións para un uso seguro frente os riscos sanitarios relativos o COVID-19.
Ven sendo necesario implementar unha serie de protocolos de obrigado cumprimento para garantir a seguridade das persoas que fagan uso desta instalación ,sendos empre a disciplina e responsabilidade persoal a millor metodoloxía de autoprotección.
Con anterioridade á apertura de portas ó público realizouse unha limpeza e desinfección xeral de toda a instalación, estos sistemas de limpeza serán estrictos o longo do verán.
Seguindo cás recomendacións xerais o Concello de Boqueixón colocará varios stands para usar xel de mans na entrada e na saída, pero sempre baixo a norma de acceder de xeito individual, con mascarilla, evitando o acceso en grupos e sempre mantendo a distancia persoal de seguridade.
Unha vez dentro a instalación está dividida en parcelas señalizadas para poder manter esa distancia de seguridade e facer un uso restrinxido no aforo do 50% da lámina de auga e sempre seguindo as recomendacións do persoal encargado e socorristas.
O Concello de Boqueixón quere agradecer a colaboración da veciñanza no cumprimento destas medidas para poder garantir a seguridade dos usarios/as e o persoal da piscina.
Calquera dúbida sobre esta normativa,horarios ,pago dos abonos,aforo e acceso a instalación pode ser consultada no teléfono 636 731 721 .