O Concello de Boqueixón vén de facer públicas as bases da convocatoria para a selección de 1 técnico/a de información turística durante un periodo de 5,5 meses durante o ano 2020. O texto da convocatoria pódese consultar neste enlace, no que tamén se poden ver os requisitos requeridos para as persoas candidatas. Do mesmo xeito, pódense descargar os anexos I, II, III e IV da convocatoria nos arquivos adxuntos.
Dado o estado de alarma vixente, as persoas demandantes de emprego cando non poidan ser
atendidos presencialmente na Oficina Pública de Emprego poderán solicitar mediante o formulario
dispoñible no enlace a tramitación da súa alta como demandante de emprego. As persoas interesadas dadas de alta
como demandante de emprego terán que remitir un correo electrónico á Oficina Pública de
Emprego oficina.emprego.santiago.norte@xunta.gal, solicitando a ocupación (26301020),
indicando: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, aportar copia DNI polas 2
caras, e sinalar que queren participar no proceso selectivo da oferta de Técnico/a de Información
Turística de Boqueixón.
A preselección de persoas candidatas será realizada pola Oficina Pública de Emprego de Santiago Norte. Os/as aspirantes estarán preseleccionados/as por dita oficina cumprindo coas titulacións requeridas na base terceira da convocatoria de subvención da Deputación Provincial da Coruña, con carné de conducir B1 e desempregados/as. As persoas candidatas deberán superar unha proba escrita que se ponderará coa baremación de méritos para optar á praza. Para a preparación da proba escrita os candidatos/as poderán solicitar nas dependencias municipais da Casa do Concello unha copia fotocopiada do temario.
Adxuntos
- BASES selección Téc. Información Turística (206 kB)
- ANEXO I (97 kB)
- ANEXO II (148 kB)
- ANEXO III (98 kB)
- ANEXO IV (109 kB)