O Concello de Boqueixón vén de publicar as bases para a provisión en réxime laboral temporal da contratación de 3 peóns forestais encargados/as do manexo e actuación do vehículo motobomba (V.M.B.) 2020, durante 3,5 meses e con data límite de formalización de contrato o 31 de xullo de 2020. As funcións a realizar serán as seguintes: labouras encamiñadas á prevención, construción e mellora da infraestrutura de defensa contra incendios forestais, que disminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios.
As persoas candidatas serán preseleccionadas pola Oficina de Emprego de Santiago Norte previa oferta presentada pola alcaldía do Concello de Boqueixón para a ocupación de peón forestal co código: 95431028. Dado o estado de alarma vixente, as persoas demandantes de emprego cando non podan ser atendidos presencialmente na Oficina Pública de Emprego poderán solicitar mediante o formulario dispoñible no enlace ) a tramitación da súa alta como demandante de emprego. As persoas interesadas dadas de alta como demandante de emprego terán que remitir un correo electrónico á Oficina Pública de Emprego oficina.emprego.santiago.norte@xunta.gal, solicitando a ocupación de peón forestal (95431028), indicando: nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, aportar copia DNI polas 2 caras, e sinalar que queren participar no proceso selectivo da oferta de Boqueixón.
As bases completas pódense consultar aquí. Os anexos están dispoñibles no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.
Adxuntos
- AnexosOfertaPeonsMotobomba (226 kB)
- BASES SELECCION MOTOBOMBA (2020) (349 kB)