O Concello de Boqueixón vén de publicar as bases para a provisión en réxime laboral temporal, por un periodo de 3 meses, da contratación de 2 brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra incendios forestais (2020). Cada unha destas brigadas estará composta por 1 xefe de brigada, 1 peón de brigada condutor e 3 peóns de brigada, con data límite de formalización de contrato o 31 de xullo de 2020.
Así, o Concello de Boqueixón procederá á selección e confección de 3 listaxes de aspirantes a cubrir para:
- 2 postos de xefe de brigada (Código de ocupación: encargado/capataz forestal: 64101022)
- 2 postos de peón de brigada condutor que teña o carné de conducir B (no código 95431028)
- 6 postos de peóns de brigada (no código 95431028).
Tendo en conta segundo convenio que as brigadas que se formen requiren estar composta por 4 ou 5 membros, tal como segue: un xefe de brigada, un peón condutor, dous ou tres peóns de brigada. Se unha vez finalizado o proceso selectivo para a contratación das 2 brigadas, algunha delas non acada o número mínimo esixido de membros que establece o convenio está entidade local non realizará a contratación da brigada que non estea debidamente composta co número mínimo esixido.
As persoas candidatas serán preseleccionadas pola Oficina de Emprego de Santiago Norte previa oferta presentada pola alcaldía do Concello de Boqueixón para a ocupación dos distintos postos. Dado o estado de alarma vixente, as persoas demandantes de emprego cando non podan ser atendidos presencialmente na Oficina Pública de Emprego poderán solicitar mediante o formulario dispoñible no enlace ) a tramitación da súa alta como demandante de emprego. As persoas interesadas dadas de alta como demandante de emprego terán que remitir un correo electrónico á Oficina Pública de Emprego oficina.emprego.santiago.norte@xunta.gal, solicitando a ocupación de calquera dos postos anteriormente descritos xunto co código correspondente e indicando nome e apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico, aportar copia DNI polas 2 caras, e sinalando que queren participar no proceso de Boqueixón.
As bases completas pódense consultar aquí. Os anexos están dispoñibles no arquivo adxunto ou premendo neste enlace.
Adxuntos
- BASES SELECCIÓN BRIGADAS 2020 (374 kB)
- ANEXOS BRIGADAS (226 kB)