O Concello de Boqueixón abre o prazo para inscribirse en Verán Activo, o programa lúdico-educativo que pretende facilitar a conciliación das familias con menores durante o período estival. As actividades desenvolveranse nas instalacións municipais do Forte e no CPI Antonio Orza Couto, coa adopción das medidas hixiénico-sanitarias necesarias para cumprir a normativa vixente en materia de prevención da Covid-19.
Ofrecense un total de 50 prazas por quincena para nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no Concello de Boqueixón para os meses de xullo e agosto en horario de mañá.
O período para inscribirse estará entre o 9 e o 17 de xuño, enviando a ficha de solicitude e a documentación necesaria a través de:
- Vía Telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón
- Por email, a cultura@boqueixon.gal
- Presencial con cita previa a través do 981 513 115
Documentación que deben achegar xunto á ficha de solicitude:
- Documentación xustificativa da situación laboral dos pais (en caso de estar en situación de baixa, excedencia ERTE ou estar en situación de desemprego no momento de solicitar praza, deberá achegar fotocopia do documento polo que se recoñece a situación).
- Declaración da renda do 2018 ou xustificante acreditativo de non ter que
- Documento acreditativo de familia numerosa ou familia monoparental, se é o caso.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, cun prazo para a presentación de reclamacións de 3 días hábiles e posteriormente publicarase a listaxe definitiva.
Máis información sobre este programa no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.gal
Adxuntos
- bases verán activo bases 2020 (21 kB)
- fichaveranactivo2020 - final (188 kB)