Cando estamos a piques de iniciar o mes de xuño, arranca a campaña de entrega de VALES para padriños e madriñas rexistrados de xardineiras de Boqueixón Neste ano 2020.
Esta acción procura acadar beneficios socioambientais, alongar a vida das plantas nas xardineiras, busca a harmonización e recuperación da contorna rural e, sobre todo, representa unha achega persoal e artística da veciñanza ó espazo publico.
Os vindeiros días enviarase ás vivendas dos usuarios rexistrados a través do correo ordinario 1 VALE -por cada xardineira apadriñada ou amadriñada- para canxear por plantas de ornamentación.
Este vale é canxeable nos viveiros de Boqueixón ata o 15 de setembro de 2020.
OPCIÓNS DE CANXEO:
Opción A: 10 plantas -petunia, begonia, tajete ou clavelina-
Opción B: 5 plantas -surfinia, verbena, xeranio ou guineana-
Coas circunstancias sobrevidas pola pandemia da Covid-19, é imprescindible no momento no que se vaia a canxear ver a dispoñibilidade do produto ou ver posibilidade de substitución por outro produto de condicións semellantes.
VIVEIROS onde canxear:
Isaac Fernández Prieto (Rodiño- Sergude)
Viveiros Compostela SAT (A Corna- Pousada)
María Josefa Sánchez Pernas (Lamas)
Xardín Compostela, SL (Lestedo)
NOTA: Para canxear o vale pocas plantas é imprescindible presentar o DNI DO PADRIÑO ou MADRIÑA e o VALE ASINADO no viveiro elexido para formalizar o canxeo polas plantas.