O Centro de Saúde de Lestedo retomará os controis de saúde de pediatría dende o luns 1 de xuño, priorizando a todos aqueles nenos e nenas que teñan marcado o seu calendario de vacinación. Dada a situación actual, dende o centro médico só se estaban realizando controis e vacinacións ata os 15 meses, pero agora ampliarán ata os 18 meses, 3 anos, 6 anos, 12 anos e 14 anos.
É moi importante que todos aqueles rapaces e rapazas de 14 anos acudan a esta cita, posto que unha vez que cumpram 14 anos pasarán a ter outro médico de cabeceira.
Os demais controis de saúde irán retomandose pouco a pouco en función de como avance a situación.
Para asistir ao centro médico é moi importante seguir unha serie de recomendacións, tales como usar máscaras, lavar as Mans con agua e xabón ou xel hidroalcohólico no momento de chegada e tamén no de saída, gardar a distancia de seguridade recomendada cos usuarios do centro, e que cada neno ou nena vaia só acompañado dunha persoa.