Con motivo do Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres, que se celebra o 28 de maio, o Centro de Información á Muller do Concello de Boqueixón colabora na difusión do ciclo en liña, organizado pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña denominado ‘Conversas sobre a menopausa’.
Cinco conversas en formato video conferencia e de curta duración ( entre 5 e 10 minutos) nas que diferentes especialistas de distintos ámbitos achegarán unha visión da menopausa con enfoque feminista, fuxindo de estereotipos e medos infundados.
O primeiro vídeo xa está publicado e nel entrevistase a Carme Valls, endocrinóloga, pioneira do Estado en incluir perspectiva de xénero na medicina. Falará da menopausa e a perspectiva sanitaria.
Vídeo coa entrevista á endocrinóloga Carme Valls arredor da menopausa e a perspectiva sanitaria.
Vídeo coa entrevista á psicóloga Anna Freixas sobre aspectos psicológicos relacionados coa menopausa.
Vídeo coa entrevista a sexóloga Rosa Almirall sobre a menopausa dende a perspectiva xinecolóxica.
Vídeo coa entrevista á profesora de Ciencias Deportivas da UDC, Cristina López Villar sobre a menopausa e o deporte.
Vídeo coa entrevista á antropóloga e profesora da USC Guadalupe Jiménez , sobre a menopausa desde unha perspectiva antropolóxica.