A celebración do día das Letras Galegas este 2020 é especial dada a situación de emerxencia social e sanitaria que atravesamos, por iso non haberá o 17 de maio ningunha celebración na rúa. Pero, dende as casas, podemos desfrutar das letras de Ricardo Carvalho Calero en distintos formatos a través das novas tecnoloxías da información.
A Real Academia Galega (RAG) decidiu dedicar o Día das Letras Galegas de 2020 a Ricardo Carvalho Calero, quen naceu fai 110 anos e faleceu 30 anos atrás. Carvalho Calero é unha figura moi recoñecida no eido literario, e tamén lingüista. Naceu en Ferrol, e estudou Dereito, Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. En Santiago foi onde se adentrou no galeguismo e nos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, o que o conduciu a unha militancia nacionalista activa. Carvalho Calero colaborou con numerosas publicacións como ‘A Nosa Terra’. Entre a súa obra poética destaca ‘Vieiros’ (1931), ‘Poemas pendurados dun cabelo’ (1952) o ‘Pretérito Imperfeito’ (1980), e tamén cultivou o teatro e a narrativa, destacando neste caso a súa novela ‘Scórpio’.
Foi membro da Real Academia Galega dende 1958, e exerceu un destacado traballo investigador coa súa tesis’Aportaciones a la literatura gallega contemporánea’, que desembocou na publicación de ‘Historia da literatura Galega contemporánea’ (1963). O escritor adicou os seus estudos á língua galega, sobre todo á coherencia histórico-lingüística do idioma, sitúandose coma un defensor da tese que marcaría o movemento reintegracionista.
Para conmemorar a súa figura, nesta situación excepcional determinada pola pandemia da COVID-19, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición dos máis pequenos da casa, ‘As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero’.
Podes descargalo aquí.
E para os adultos, Marina Nieto, do Grupo de lecturas dramatizadas ‘Palabras Vivas’ comparte a lectura dramatizada do primeiro capítulo de ‘A xente da Barreira’, que ten por título ‘A Casa’.
Podes descargalo aquí.