O vindeiro domingo 17 de maio reabre o mercado de Lestedo, se ben o fará só cos postos de produtos agrícolas e gandeiros de alimentación e produtos perecedoiros. A reapertura organízase sempre cumprindo as medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias estipuladas polas autoridades sanitarias.
As persoas vendedoras e a clientela deberán respetar as distancias de seguridade indicadas pocas autoridades sanitarias, de entre 1,5 e 2 metros. O uso de máscaras e luvas é recomendable entre os usuarios, e obrigatorio no caso dos vendedores e sempre que os clientes toquen o produto. Tamén se recomenda o uso de xel desinfectante, tanto dos vendedores como dos usuarios. Para garantir a seguridade de todos o máis recomendable é asistir de xeito individual, acudir para realizar a compra e estar o tempo estrictamente necesario e no caso de ter febre ou algún síntoma relacionado co coronavirus non acudir.